FESTA DA AUGA🌞 Despedímonos dun ano cheo de aprendizaxes, xogos e experiencias compartidas dunha forma moi especial. As actividades de auga convertéronse na mellor maneira de refrescarnos, divertirnos e celebrar todo o vivido durante estes meses. Entre risas, salpicaduras e moita ilusión, o alumnado gozou dunha xornada diferente, fomentando a convivencia, o traballo en equipo e, sobre todo, a alegría de compartir os últimos momentos deste curso. Un peche perfecto para dar a benvida ás merecidas vacacións de verán.





.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario